Obradoiro de Cantos e Danzas de Reises en Vigo

Obradoiro de Cantos e Danzas de Reises
Como ven sendo habitual dende hai xa tres anos a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza o Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis coa intención de que esta tradición recupere o que en tempos pasados era un acto social e participativo moi frecuente chegadas estas datas festivas do Nadal e Reis.

Este obradoiro é de balde.

Este ano contamos para o Obradoiro de Danzas coa colaboración de María Prego, mestra e integrante do grupo de baile “Albendeira”. E no de Cantos de Reis con Guillerme Ignacio, integrante do grupo de música folk “Quempallou” e dos pandereteiros “Tear de Llerena”.

Horarios e programa en texto extendido…
Horarios

  • Obradoiro de Danzas de Reis: Luns 12, 19 e 26 de decembro
  • Obradoiro de Cantos de Reis: Mércores 14, 21 e 28 de decembroImpartiranse no local da Asociación veciñal e cultural Casco Vello de Vigo, rúa Oliva nº 12 ás 19:30 horas.

    O xoves 29 as 19:30 horas no local do Centro Civico haberá unha conferencia sobre “Tradicións dos Cantos e Danzas de Reis” impartida polo recoñecido gaiteiro Juanjo Fernandez, mestre de gaita en pechado.

    Os dias 3 e 4 de xaneiro e acompañados dun númeroso grupo de gaiteiros sairemos polas rúas do barrio e cercanías para demostrar o aprendido nestes obradoiros.

    Convidamosvos a tod@s a participar…