2º DíA do ORGULLO GAITEIRO en Ourense. Parte I

Por segunda vez celebrase na cidade de Ourense o 2º dia do orgullo Gaiteiro cunha serie de actividades diversas e apetecibeis:

  • mostra de postais antigas orixinais de músicos galegos
  • audición comentada de discos de pedra
  • serántriscafiadeiro de confraternización de coleitivos ourensáns
  • charlas coloquio
  • actuación e presentación dos Gaiteiros de Vilar
  • cea e leitura do manifesto do Orgullo Gaiteiro.

    o dia 16 e 17 de decembro no Centro de Cultura Popualr Xaquín Lourenzo Xocas “nas Lagoas” e no Ateneo de Ourense no Edificio da Torre.

    programación detallada en texto extendido… Ler mais…
    Organiza: As. Gomes Mouro.


  • Programa de actividades:

    VENRES 16 DE DECEMBRO DE 2005:
    20:00 h. Presentación programa Xornadas Orgullo Gaiteiro 2005

    20:15 h. Proxección dunha mostra de postais antigas orixinais de grupos e músicos tradicionais, de finais do século XIX e comezos do século XX. (Colección: Eduardo Méndez Baamonde)

    20:30 h. Audición comentada de discos de pizarra da primeira metade do século XX. (Colección: Cástor e Félix Castro)

    21:30 h. Serán/Trisca/Fiadeiro de confraternización de colectivos Ourensáns implicados na música tradicional, con actuación de grupos locais.

    Todas as actividades do venres 16 de decembro celebraranse no Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo Xocas. Centro comercial “As Lagoas”.

    SÁBADO 17 DE DECEMBRO DE 2005:
    18:00 h. CHARLA COLOQUIO: “Estratexias de posta en valor do patrimonio inmaterial: unha riqueza por explotar”.

    Participantes:

    • Delfín Caseiro, escritor e autor do Catálogo de Músicos Tradicionais da Limia.
    • Xulio Fernández Senra, coordinador do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo “Xocas”.
    • Xerardo Feijóo Rapela, Secretario da Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte… Nas Ondas!” e membro da Comisión de presentación da Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesa como Obra mestra da Humanidade ante a UNESCO.
    • José Aldea, Director Executivo de Ouvirmos, empresa especializada en documentación musical galega.
    • Xosé Carlos Sierra, Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, Delegado da Consellaría de Cultura e Deporte de Ourense.

    20:00 h. Lectura do MANIFESTO DO ORGULLO GAITEIRO.

    20:30 h. Presentación e actuación do grupo homenaxeado este ano “OS GAITEIROS DO VILAR” (Calvos de Randín), Entrega dun pequeno recordatorio.

    22:00 h. CEA no restaurante “A axencia”, sito na rúa Valle Inclán nº. 9. Custo 15 euros, con anotación previa.

    Todos os actos do sábado 17 de decembro terán lugar no Ateneo de Ourense (Edificio Torre). …de momento!!!