O primeiro traballo discográfico de A CARICIA DA SERPE

Lino Braxe, Miguel Ladrón de Guevara, Xosé Luis Saqués e Rómulo Sanjurjo presentan o primeiro CD homónimo da formación A Caricia da Serpe. Poesía musicada, concerto poético ou literatura sonora son termos que poden chegar a definir o indefible, esta proposta arriscada que fusiona estilos musicais e diversas tendencias artísticas.

A presentacion deste primeiro CD, editado pola empresa galega de promoción cultural e selo discográfico Wondeland, E Á VENDA NA TÚA TENDA DE DISCOS Ó PREZO DE 10 EUROS será no TEATRO ROSALÍA DE CASTRO,
de A Coruña, MAÑÁ XOVES, 15 DE DECEMBRO, ÁS 21.00 HORAS.

O disco tamén se pode adquirir a través do catálogo do clube de lectura BIBLOS.
A entrada será libre con invitación, que se poderá conseguir en:

Portobello, Noni’s Gong discos, Radio Coruña e na A.C. Alexandre Bóveda.

Un saúdo
Manel Cráneo
Director creativo
Wonderland