Ecos de África – novo disco de autores africanos afincados en Galicia

Falcatruada imaxe e música colabora coa ONG “Jóvenes del Tercer Mundo” na campaña “AFRICA – Tan cerca, tan lejos”, na cal búscase achegarnos á realidade deste continente, a través de múltiples actividades: materiais educativos, exposicións itinerantes, DVDs, concertos, contacontos… e tamén a edición do disco ECOS DE ÁFRICA, un dobre cd de contos e cancións interpretados por grupos africanos que actualmente viven en Galicia e Madrid. Unha boa oportunidade de achegarnos ós sons e ritmos africanos, que van dende un plantexamento puramente étnico ata mestizaxes coa música occidental actual.

O disco de cancións está composto por 13 temas orixinais compostos e interpretados polos grupos e unha canción interpretada de forma conxunta. Os grupos participantes que residen en Galicia son Alberto Mvundi, Batuko Tabanka e Pasteff. O disco de contos inclúe 14 contos tradicionais africanos.

O disco pódese mercar por 12 ¤ (destinados íntegramente ó proxecto) na web www.trastenda.com e en puntos de venda autorizados (máis información en www.ventanalmundo.com)