CIRCOMANÍA. I Xornada de Pés Abertos

O aninovo ven cargadiño de novidades para o 3º Pé. Andar Criativo.
Unha destas novidades serán as Xornadas de Pés Abertos; festas
temáticas que celebraremos o 3º xoves de cada mes.

A primeira Xornada de Pés Abertos terá lugar o xoves 19 de xaneiro de 2006, no local social do Andar Criativo (R/ do tren 5 baixo. A Coruña) e estará
adicada ao Circo.

CIRCOMANÍA
Un espectáculo único no que participarán diferentes personaxes dos que
habitan o noso Andar. Con Patxi “Tenro”, Chusmi ou Josito “O Mago”.

As seguintes xornadas estarán adicadas á voz, á comedia, ó contacontos
ou á danza… xa vos iremos informando das nosas xornadas que irán
mudando no espacio e na temática pero que terán data fixa; o terceiro
xoves de cada mes.