1º monográfico 2006

Dinámicas de música galega na escola

Dirixido a: mestres de primaria e secundaria, mestres de música galega en As. folclóricas e escolas de músicas,…

Data: O sábado 28 de xaneiro de 10.00 a 14.00 H

Quen son?
Breve currículum:


Paulo Nogueira: mestre de educación musical no CEIP Magaláns-Dorrón (Sanxenxo). Membro do grupo “Gaiteiros Treixadura”. É autor, xunto con Héctor Silverio e Carlos Rey, do libro-dvd recentemente publicado sobre “Os Campaneiros de Vilagarcía”. Xunto con Magoia Bodega elabora materiais didácticos para traballar a música galega na escola.


Magoia Bodega: mestra de educación musical no CEP Chancelas (Poio). Foi compoñente durante 10 anos do grupo “Muxicas”. Ten feito diversas colaboracións con músicos coma Rodrigo Romaní ou Susana Seivane. Participou como solista e compositora no libro “De pano sedán”.

Resumo do monográfico:
Mediante este monográfico preténdense mostrar distintas formas de plantexar e tratar a música galega na escola, propoñendo actividades para os distintos bloques desta área por medio de cantigas, audicións, movemento, linguaxe musical, instrumentacións, etc.

Poderíamos resumir os contidos do monográfico nos seguintes apartados:

    1.- Audición musical activa: diferentes propostas de audición de música galega utilizando como recurso o movemento, a prosodia rítmica, musicogramas, linguaxe musical, cantigas, contos, instrumentacións, etc.

    2.- Cantigas: repertorio de cantigas galegas infantís, de oficios, acumulativas, do ciclo anual. Recursos didácticos para a aprendizaxe das mesmas.

    3.- Instrumentacións: diferentes propostas de utilización dos instrumentos escolares coa nosa música. Xogos e cantigas con instrumentos.

    4.- Instrumentos populares galegos: diferentes propostas para que o alumnado coñeza e recoñeza visual e auditivamente os instrumentos galegos.

    5.- Ritmo e movemento: xogos de movemento baseados nos ritmos populares galegos.