Pont sobre el Llac

Chéganos a nova dunnha bitácora catalá adicada á poesía galego-portuguesa: El Pont sobre el Llac. O proxecto corre por conta de Xulio Ricardo Trigo e Júlia Cortès Ortega e amáis de ofrecer versións poéticas ao catalán, achega informacións sobre escritores e tradutores da Galiza, Portugal e Brasil. Unha maneira de tender pontes entre a literatura catalá e a literatura lusófona, e que anceia, máis alá da súa vocación poética, ser un vieiro de intercambio entre culturas.

Nas súas primeiras “postas” é posible atopar poemas traducidos e recensións sobre a obra de Anxos Sumai, Sá Carneiro, Sophia de Mello, Antía Otero, Pessoa, Emma Couceiro, Uxío Novoneyra, Eugénio de Andrade ou Miguel Anxo Fernán Vello.

[+INFO. www.arredemo.info]