Presentación do disco dos Gaiteiros de Soutelo

O sábado 21 de xaneiro, ás 18.00 h. no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei) Ouvirmos presenta o oitavo disco da colección A Tiracolo: Os Gaiteiros de Soutelo de Montes (1928): Terra de Montes. Falará Juanjo Fernández, autor do libreto.

Os Gaiteiros de Soutelo

Neste disco compílanse a totalidade dos rexistros sonoros dos Gaiteiros de Soutelo gravados en Ourense en 1928.

Os Gaiteiros de Soutelo (1919-1936), con Avelino Cachafeiro á cabeza, canonizaron o cuarteto de gaitas e o seu repertorio é o máis divulgado e interpretado da gaita galega.