Obradoiro de Cabaré

Ola amig@s!

Informarvos de que xa temos aberto o prazo de preinscrición para o
obradoiro de Cabaré que formará parte do I Festival Galego de
Cabaré “Cabaré3 Oleiros”.

O obradoiro terá lugar a semana do 13 ao 19 de febreiro, xusto unha
semana antes do Festival, que durará do 20 ao 25 de febreiro.

O lugar para o obradoiro será a Casa da Cultura de Perillo , na segunda
planta, nunha sala acondicionada para tal efecto.
O horario será de 16 a 20 horas, de luns a venres.
O curso estará complementado con postas en escena prácticas que terán
lugar xa no propio festival.


Para preinscribiros tedes que facelo de contado por e-mail (info@terceirope.com) , indicando nome completo, enderezo, teléfono de contacto, idade e experiencia.

Se non podedes enviar e-mail o teléfono de contacto é o 666 014 494

O aforo mínimo é de 15 persoas e o máximo de 20. O prezo rondará os 60
¤, que haberá que ingresar por conta unha vez vos confirmemos que
estades seleccionados para o obradoiro.

Os criterios de selección serán os seguintes:

1) Terán prioridade os habitantes do Concello de Oleiros
2) Terán prioridade @s soci@s e alumn@s do Andar criativo
3) A experiencia en teatro, danza ou canto será un elemento importante
á hora da selección final.

O curso será impartido por Su e Yoli, da Compañía “endesequilibrio”, e
será coordenado dende o propio Andar Criativo coa colaboración de Enma
Silva.

O prazo de preinscripción é até o 5 de febreiro.
Unha aperta entón agradecéndovos a máxima difusión deste e-mail.

Nelson Quinteiro
3º Pé. Andar Criativo
Rúa do Tren 5 Baixo
A Coruña