Vindeiros Seráns

Serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra (concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior…) ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña.. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán:

  • 21 Xaneiro: Serán en Gargamala (Mondariz)
  • 21 Xaneiro: Serán en Paraños (Ponteareas)
  • 28 Xaneiro: Serán en Arbo
  • 11 de Febreiro: Serán dos Namorados en Toutón (Mondariz)
  • 14 febreiro: Serán na Nasa (Santiago D.C.)