Conferencia Venres 20 de xaneiro

Dende a Asociación Socio-Cultural “Manuel Ferreiro” e seguindo co noso programa actividades, temos prevista unha Conferencia para o vindeiro venres día 20 de xaneiro, titulada “SERVIZOS SOCIAIS. O SISTEMA PÚBLICO DE XUSTIZA SOCIAL”, que será a primeira deste novo ano que acaba de comenzar.

Na conferencia abordarase o sistema público de Servizos Sociais: A atención ás familias, ós mozos e mozas, ós maiores, ás persoas con discapacidade e a loita contra calquer tipo de marxinación social.

E tamén se falará da nova Lei de Dependencia.
* Esta Conferencia esta aberta ó público en xeral.

CONFERENCIA:

Título: “POLITICAS SOCIAIS. O SISTEMA PÚBLICO DE XUSTIZA SOCIAL”
Ponente: MAR BARCÓN SÁNCHEZ

(Licenciada en Medicina e Ciruxía pola USC. Médico de Atención Primaria e Planificación Familiar. Deputada Autonómica do PSdeG-PSOE, Secretaria de Política Social da CENG e concelleira en A Coruña)

Lugar: Local da Asociación, rúa F, nº 27- Entlo. Lalín
Día: Venres 20 de xaneiro
Hora: 21.00 h

Lalín, 16 de xaneiro de 2006
Asdo. Soledad Sánchez Trujillano

A Presidenta