SALA NASA. Non deixes que che conten a história.

¡¡XA EMPEZOU O CABO JAM LOURENZO!!
Continuan as jams en San Lourenzo, os mércores a partir das 22,00h. Outra maneira de escoitar e participar da música en directo. Esta semana abre o fogo Bigote, alter ego de David F. Vieites, coa súa cacharrada midi. Como aperitivo, a media hora de audición estará reservada para MIG, coa súa peza titulada Uniunio.

RUSO NEGRO: ¡¡MÚSICA NO AMBIGÚ!!
Inaugúrase un novo espazo. Mellor dito, o espazo ocupado polo ambigú inaugura nova actividade: Un concerto normal e corrente, un extraordinario acerto dun trío pouco nornal: Ruso Negro. Será os tres próximos venres. Pero atención: ÁS 12 DA NOITE. ¡A non perder!

+info. www.salanasa.com

FAITE TRIPULANTE
A temporada 2004/05 está en marcha. A aposta da NASA para este ano é a máis forte e arriscada desde que iniciara a súa traxectoria en 1992. Se estás pensando en formar parte da nosa tripulación ou en renovar o teu permiso de navegación, non o deixes para mañán. Faino agora. Xa sabedes, por apenas 55 ¤ de cota anual, estaredes apoiando un modelo alternativo de producción, xestión e difusión cultural e teredes dereito a múltiples vantaxes.