FOLLA DE RUTA. Nova sección musical nas mañás da Radio Galega.

Todos os xoves ás 12.15 h. Folla de Ruta na Radio Galega, unha nova sección musical do programa dirixido por Xusto López “Un dia por diante“.

Esta sección está levada por Ugia Pedreira. Un espazo musical para falar de ideas, eventos, persoas e sentimentos.

Posto que a música está en todas partes ata no silenzo en Folla de Ruta Ugia falará das iniciativas musicais do planeta musgo (como ten bautizado Pacho La Peña a Galiza), dos formatos musicais, o pasado e presente do noso panoramix galego e como occidentais que somos buscarase o paralelismo e o contexto co resto dos planetas.

A cabeceira musical da sección é a canción de Eclectica Ensemble “Paxariños”, canción coa que se abria o musical Dillei (Carlos Branco, Nordesia Teatro).

En Folla de Ruta poderemos escuitar aos protagonistas da música feita en Galiza: os musicos, cantantes, técnicos, productoras, editoras, escolas… e disfrutar tamén dunha recomendación musical cunha semán por diante.

Na primeira Folla de Ruta do dia 12 de xaneiro Ugia foise ás fontes inspiradoras da cantante Guadi Galego, a Cedeira. Falouse da música cedeirense dos anos 70, do concerto que deu ali o Zeca Afonso, escuitouse a Carla Bruni e rematouse coa recomendación musical de Guillermo Fernandez (guitarrista de Berrogueto e Espido).

Na segunda Folla de Ruta do dia 20 de xaneiro foise a Pontevedra e a Noia. Falouse de cómo a orquestra Caracas de Lalín comezaba as festas con “In the mood” de G.Miller, falouse do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (profesorado, alumnado, discos autoproducidos, festivais) e a recomendación musical correu a cargo de Kin Garcia -contrabaixista e director da escola Drops-.

A terceira Folla de Ruta será o xoves 27 de Xaneiro 2006 ás 12.15 horas na Radio Galega.