A zanfona na AFI

Este sábado día 28 de xaneiro din que vai aterrar un obxecto extraño provisto de caixa, teclado, roda e can (entre outras cousa) na Aula Folque Infantil de Pontevedra.

Ao obxecto identíficado chámanlle zanfona, e din que é un instrumento musical. Os nenos e nenas de Pontevedra comprobaran se é certo ou non. Estará con eles Gutier Álvarez para axudarlles a descubrir, escoitar e tocar este instrumento.

Seica Nacho Muñoz grabará algunhas destas experiencias e nunca se sabe que chegará a pasar .

Posted by / Xaneiro 26, 2006
Posted in
AFI