Boletín nº3 do 3º Pé

Ola amig@s!

Este mes vén cheíño de novidades, así que non as perdades de vista:

  1. Xa temos a programación definitiva do Festival Galego de Cabaré “Cabaré3 Oleiros”! Botádelle un ollo!
  2. A I Xornada de Pés Abertos, todo un éxito
  3. Novos horarios e Prazas para os obradoiros permanentes do Andar Criativo
  4. Intensivo de Iniciación ao Teatro do 3 ao 5 de febreiro


1) Xa temos a programación definitiva do Festival Galego de Cabaré “Cabaré3 Oleiros”! Botádelle un ollo!

O festival dará comezo o día 20 de febreiro cunha rolda de prensa-performance no Auditorio da Nova Fábrica de Oleiros, ás 18:00 horas. A preformance será preparada dende o obradoiro de Cabaré, que terá lugar a semana anterior. Queremos que sexa, ante todo moi visual.

A segunda parte do festival centrarase no aspecto divulgativo do mesmo, e para a mesma temos preparadas tres palestras:

MARTES 21: Patricia de Lorenzo. O Cabaré en Galiza 20:30 horas. Auditorio da Nova Fábrica. Breve percorrido por diferentes números de Cabaré montados para as Ultranoites da Sala Nasa.

MÉRCORES 22: Grupo de Cabaré Manicómicos. O Cabaré dende dentro. 20:30 horas. Auditorio da Nova Fábrica. Charla-proxección sobre a montaxe “feelingxfeeling” de Ángel Burgos levada a cabo dentro do II Festival Manicómicos.

XOVES 23: Pepa Yáñez e Davide Salvado. O Cabaré Galego. 20:30 horas. Auditorio da Nova Fábrica. Os dous cabareteiros falarannos da súa aposta particular “Cabaret D´aquí” e o intento de misturar o mundo tradicional galego co mundo do cabaré.

A terceira parte será adicada ao espectáculo, con dúas grandes montaxes escénicas:

“Cabaré Na Fábrica” Venres 24. 22:00 Auditorio da Nova Fábrica.
I Festa Cabareteira da Nova Fábrica de Oleiros
Participarán O grupo de Cabaré Manicómicos; Pepa e Davide co seu show “Unha noite no muiño” e Mariclown con “A vida de Rosa”.

“Femme Fatal” Sábado 25. 21:30 Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
II Festival de Monólogos sobre Malas Pécoras do Andar Criativo
Coa Big Band Jazz de Oleiros, As Super reñadas, Pia de Ptolomei, endesequilibrio, Divino Malabar, Detòur, Marta Pazos, Patricia de Lorenzo, Juanillo Esteban e Gabriella Sacaúntos.

A entrada será gratuíta e só para Adultos. Ide reservando plaza para os espectáculos; o aforo é limitado…

2) A I Xornada de Pés Abertos, todo un éxito

Tivemos que colgar o cartel de “non hai máis entradas” para o espectáculo completo e divertido que prepararon Patxi, Chusmi e Josito, “Circomanía” e que disfrutaron unhas 60 personas.
Por febreiro, dado que o Festival ocupará todos os nosos esforzos non teremos xornadas; pero en Marzo comezan de novo…
Se cadra repetimos o tema, e deixamos que de novo sexan eses tres personaxes os que nos falen de circo.

3) Novos horarios e Prazas para os obradoiros permanentes do Andar Criativo

Aberto o prazo de inscripción para o II Cuatrimestre do Andar Criativo.
O novo horario é o seguinte, e para matricularvos tedes que chamar aos tfnos 666014494 ou 647647404 ou ben facelo por e-mail ao info@terceirope.com. As tarifas xiran en torno aos 20 ¤ ao mes… A que esperades?
LUNS 18:00 Malabares 19:30 Tai-chi 20:30 Danza Tradicional
MARTES 18:00 Expresión vocal e Canto 20:00 Pandeireta 21:00 Iniciación ao Teatro
MÉRCORES 18:00 Iniciación ó Clown 20:00 Tai-chi 21:00 Iniciación ao teatro
XOVES 18:00 Danza Contemporánea 20:00 Acrobacia

4) Intensivo de Iniciación ao Teatro do 3 ao 5 de febreiro

Na primeira fin de semana de febreiro celebraremos un obradoiro intensivo de iniciación ao teatro.
O prezo da matrícula será de 25 ¤, sendo esta gratuíta para @s alumn@s e soci@s do Andar Criativo.
O temario percorrerá os aspectos físicos, subxectivo e sociais de cara á interpretación.
Para apuntarvos podedes chamar aos teléfonos 666014494, 647647404 ou podedes facelo por e-mail a info@terceirope.com

terceirope.com