Foliada en homenaxe a Os Gaiteiros de Soutelo

O vindeiro venres, 27 de xaneiro, a Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido, organiza unha Audición-Foliada como homenaxe a Os Gaiteiros de Soutelo de Montes.

A Foliada comezará ás 20:30h. no Bar do Gaiteiro Feiticeiro en Soutelo de Montes, sen límite de horario.

Escoitaremos o disco-libro publicado por Ouvirmos, coa introdución de Juanjo Fernández. Logo intervirán Os Chichisos de Pontevedra, Os Trazantes de Tenorio, Os Abrentes de Cerdedo, Os Diplomáticos do Acordeón de Soutelo de Montes, O Tear de Llerena de Castro, e os/as espontáneos/as que se animen.
Poderáse mercar o CD a un prezo especial.
Alí vos agardamos!