Sol de Farofa: Casa das Crechas martes 31 de xaneiro

[Najla Shami, Hector Lorenzo e Quim Farinha]

Cun repertorio que abarca dende as composicións orixinais ata standards de jazz ou brasileira pasando polo funk, Sol de Farofa:

presenta un espectàculo ìntimo e sinxelo onde a sensibilidade dos compoñentes e do pùblico è un ingrediente esencial.

Martes, 31 de xaneiro ás 22:30
Entrada: 3 euros

CURRÍCULO NAJLA SHAMI

Mestra en educación musical e vocalista profesional, compositora e letrista
bebe de moitos estilos. Cursa estudios de solfeo e canto coral no Consevatorio
de Ourense e actualmente estudios de harmonía e improvisación
en música moderna afondando a súa formación na técnica
vocal jazzística na que se inicia co músico e profesor Ramón
Bermejo. Pasa por moitas formacións de diversos estilos, dende o pop-rock
ata a música vocal a capella pasando polo folk, funk, brasileiro e jazz
que axudan e inflúen no seu eclecticismo musical que fai que derive na
música de raiz concretamente na técnica vocal hindú que
despois dunha viaxe á India, transforma a súa concepción
da ensinanza e do canto nunha búsqueda de equilibrio entre corpo, mente
e espíritu como parámetro esencial para un crecemento da técnica
e emoción vocal.

CURRÍCULO HÉCTOR LORENZO

Mùsico e compositor, basa a súa formación maiormente na
BossaNova aínda que poidamos enmarcalo tamén nunha estética
funk. Comenza antes do 98′ con un repertorio puramente brasileiro para logo
embarcarse en diferentes proxectos. Nos seus comezos repasa o blues e o rock
& roll. A partir do 98′ colabora coa formación "Mugardos"
coa que graba dòus discos: O sol que vai chegar 98′ e É aí
00′ e realiza unha xira promocionada pola AIE no circuito denominado Artistas
en Ruta. Colabora no primeiro disco de Carmen Dolores coa que fai unha xira
no circuito Artistas en Ruta 00-01′. Membro fundador do trìo Brasil &
Funk que actùa durante dòus anos tódolos xoves no pub Modus
Vivendi (santiago d.c.)

QUIM FARINHA. CURRÍCULO

A fináis dos 80 e principios dos 90, formou parte dalgunhas das formacións
folc máis relevantes do momento como DHAIS, XORIMA ou FÍA NA ROCA.
Entre os anos 97 e 99 foi profesor da aula de violín no conservatorio
de música tradicional da Universidade Popular deVigo. Hoxe desenvolve
a mesma actividade no conservatorio
Folque de Lalín
.
Realizóu distintas colaboracións discográficas con distintas
artistas galegas, entre elas: Uxía ("Estou vivindo no ceo"
e "Danza das areas"), Mugardos, Anubía,
Pepe Vaamonde Grupo, Malvela, entre outros.
Desenvolve outros proxetos na actualidade.O máis estable e importante,
cunha traxectoria xa recoñecida fóra das nosas fronteiras é
o grupo BERROGÚETTO. Outros proxectos de pequeño formato van dende
a bossa-jazz ata o folc-jazz de TALABARTE TRÍO,
con Pedro Pascual e Kin García.
Como violinista, compre destacar o seu traballo de recuperación deste
instrumento na música tradicional, baseado na dixitación e repertorio
propios da gaita galega.

SOL DE FAROFA

A formación nace no 2004 a partires da asociación
destes tres músicos despois do festival de verán FEITO A MAN
en Santiago de Compostela no que se comparte cartel coa bailarina e profesora
Branca Novoneyra nun espectàculo audiovisual no que confluían
danza e música.

A partires dese momento a formación toma un carácter
aberto traballando con outros colaboradores o que alimenta o eclecticismo do
trío.
È un espectàculo ìntimo e sinxelo onde è ingrediente
esencial a sensibilidade dos compoñentes e a do pùblico, co que
se trata de trazar unha ponte que facilite a comunicaciòn e o disfrute.

O repertorio abarca diferentes estilos dende as composicións
orixinais ata standards de jazz ou brasileira, pasando polo funk e sempre buscando
a liberdade a partir da improvisación se o tema o permite, sempre traballando
no campo do acústico e do humano.