Nova programacion Bar Liceum do 3/2/2006 ao 10/3/2006

Benquerid@samig@s:

Aqui estamos outra vez para presentarvos unha nova programacion que comenza o venres 3 de Febreiro e remata o 10 de Marzo.

Unha vez mais atoparedes variedade nos actos que vos presentamos a metade non son musicais (teatro, contacontos) e a metade musical (folk galego, jazz/blues, tangos e world music).



Abrira a nosa programacion Pepe Vaamonde Grupo (PVG)
é, ante todo, unha formacion folc pensada para o directo. Pero tamen son
quen de realizar un traballo de estudo de grande calidade un dos ultimos discos
saidos ao mercado galego (Onde nace o vento). Para a gravacion deste disco contaron
coa participacion de importantes figuras do panorama folc internacional como o
percusionista John Joe Kelly e o gaiteiro irlandés John McSherry. Entre
as novidades deste segundo traballo discográfico da banda atopamos as voces
de María Vidal e Xurxo Fernández en dúas pezas do album,
así como o violino de Xavier Cedron e o saxofon de Roberto Somoza. A banda
compartiu cartel con algunhas das figuras máis destacadas do panorama folc
galego como Susana Seivane ou Mercedes Peon. Mencion aparte merece a actuacion
do grupo no Festival Interceltico de Lorient (Bretaña) deste ano, no que
compartiu escenario co gaiteiro galego Carlos Nuñez. No novo traballo discografico
misturanse os sons mais tradicionais da musica galega coas correntes mais vangardistas
do folc europeo. Sera o venres 3 as 23 horas.

Na semana seguinte teatro con Berrobambam que
son: Paula Carballeira (coñecida actriz da tvg e contacontos), Leo F.
Campos (actor e cantautor, recoñecible polo espectáculo Leo e
Arremecaghona), Anabell Gago (actriz de teatro e television), Ángel Lago
(dillei), Chiqui Pereira (actor e director). Coa sua nova proposta: “Vendetta”,
un espectaculo complice e fronteirizo, como eles din "Un dia erguemonos
con sede, coa gorxa seca, enfermos de raiba e decidimos que asi non se podía
vivir, coa comechon do inconformismo, co becho da impotencia, cunha solitaria
que vai devorando o pouco de ser humano que ainda nos resta. Por unha vez, e
sen que serva de precedente, decidimos actuar, que a fin de contas e o unico
que podemos facer os actores, e berrar, e cantar, e rabuñar cordas de
guitarra, e raiar discos de vinilo, e poñernos pantalons axustados, correas
e pinchos para buscar no publico a complicidade dos que, coma nos, precisan
da vinganza para poder seguir adiante. Presentamoslles con sumo gusto este cabaret
punkarra sobre o noso tema favorito, senten nas suas cadeiras e disfruten deste
prato que como mellor sabe e frío". Sera o venres 10 as 23 horas.

A semana seguinte dúas estrelas dos escenarios galegos concedenlle ao
Bar Liceum o privilexio de contar coa sua presencia, pero desta volta xuntos:
Carlos Blanco e Quico Cadaval. Os dous cos que
sempre puxemos o cartel de non hai entradas acompáñanse de Cool
Hamster, unha banda formada por Ramón Orencio López Castro (Orence
Jr. III "Mister Cool"), Xacobe Martínez e Michel González;
trio de jazz/swing/blues . A rir sen pausa e con boa musica. Sera o venres 28
as 23 horas

A continuacion e despois da semana dos carnavais, onde vos invitamos a visitar
o Liceum que desta volta disfrazaremolo de ? (non o imos contar que perde
o encanto) teremos a o cuarteto de músicos profesionais Tangata
que ven realizando dende a súa fundación, hai máis de dez
anos, a excepcional empresa de interpretar tangos e milongas cunha concepción
puramente instrumental, nunha liña que comezou o compositor e interprete
Ástor Piazzolla. Van a estar connosco antes de entrar a gravar o seu
tercer traballo discografico, do cal nos daran a coñecer a maioria das
suas pezas. Tangata está formado actualmente por Artigas Anelo, bandoneon;
Laura Quintillan, violin; Alberto Vilas, piano; e Gustavo Adolfo Barcia, contrabaixo.
Catro excelentes musicos (dous uruguaios e dous galegos) que conforman esta
sorprendente agrupacion musical de tangos instrumentais. Sera o venres 10 de
Marzo as 23 horas.

E xa para rematar Javier Paxariño (compositor,
frautas e saxos) esta considerado como un dos maximos representantes da World
Music de España. A sua música caracterizase por mesturar aspectos
das tres culturas que denominaron a Peninsula Iberica: a musulmana, a xudia
e a cristiana, pero coa vista sempre mirando ao sur: ao Mediterraneo. Fundador
de Radio Tarifa, ten colaborado con musicos como Joaquín Sabina, Aute,
Miguel Rios, Víctor Manuel, Ana Belen e Luis Pastor. Participou en bandas
sonoras de peliculas como Vacas, La Ardilla Roja, Una casa en las Afueras e
Los amantes del Circulo Polar. Estara connosco o venres 10 de Marzo as 23 horas.

Antes de despedirme quixera recordarvos que co novo ano comenza unha nova campaña
de socios, ser socio do Liceum costa 60 euros o anos (5 euros ao mes)
e da dereito a un 50% de desconto en todos os concertos, a sentarse (cando hai
cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na sua casa de todas
as nosas actividades, a ter un desconto minimo dun 10% en todo o relacionado
cos concertos (discos, libros, pinturas, fotos, etc.) e a ter reservada sempre
unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Como din os nosos maestros
da Nasa de Santiago:

"Se cres que deben existir modelos alternativos de xestion e difusion
cultural. Se apoias a creacion de outras formulas de canalizacion artistica
lonxe da via comercial e institucional, ou se buscas un contacto directo coa
arte e un compromiso como espectador…" aproveita esta oportunidade, ¡faite
soci@ do Liceum!

En resumo en Santiago faite tripulante da Nasa e no Porriño socio do
Liceum.
Unha aperta moi grande.

Paco Quintas