compartimos contigo a emoción

A Concellaría de Cultura presentou hoxe as súas propostas para o primeiro trimestre, nas que se manteñen as liñas que fan do noso Concello o referente cultural da Mariña galega e da Comarca Eonaviega asturiana.

Os concertos de Xabier Díaz e Mariluz Cristóbal Caunedo inaugurarán o programa MÚSICAS POSÍBEIS, o teatro de Lagarta Lagarta, Teatro do Noroeste e A Factoría (incluídos na Rede Galega de Teatro) serán os primeiros espectáculos de artes escénicas do ano, as curtametraxes volverán ao Cine Teatro na edición 2006 das Noites Curtas, as actividades nas parroquias chegarán da man do ciclo Máis perto de ti, …

Coma sempre, a aposta da oferta cultural é unha aposta pola calidade, a diversidade de propostas e o apoio á creación local. A cultura como emoción e valores para o día o día: compartida, cidadá, plural e aberta ao mundo, cos pés na Terra.

NOTA: Para ampliar a información sobre calquera das prpostas que figuran no dumento PDF que se achega, podes poñerte en contacto co técnico de Cultura, Xavier Campos, no correo cultura[at]ribadeo.org.

Axenda Cultural RIBADEO.pdf