Festas Tradicionais Itinerantes VENRESPIRAR

Logo do éxito obtido o ano pasado, o Aula de Música Gómes Mouro e a Aso. Cult. Algaravía de Ourense, iniciamos un novo ciclo de Festas Itinerantes Tradicionais que demos en chamar:

VENRESPIRAR
Estas festas están concebidas como un serán urbán, onde a música e o baile tradicional ao vivo e espontáneo son os protagonistas indiscutibles.

Convidámosvos a todos á 1ª Festa-presentación que terá lugar no Liceo Ourensán este venres día 3 de febreiro de 22:00 a 1:30 h . e que continuarán tódolos 1º venres de cada mes en diferentes locais da cidade de Ourense.

Para máis información contactar en algaravia@gmail.com