Comisión pola Memoria Siñor Afranio – Asemblea Xeral

O próximo sábado 11 de febreiro ás 17,30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Silleda a Asemblea xeral constituínte da Comisión pola Memoria Siñor Afranio.

Recentemente a Comisión xestora formada por membros de asociacións culturais de Lalín (O Naranxo e Manuel Ferreiro), Silleda, A Estrada, Cerdedo, Cuntis, Caldas e Cotobade, recibiu os Estatutos legalizados…

A Comisión pola Memoria Siñor Afranio constituíuse para a recuperación da memoria e homenaxe ás persoas que foron perseguidas pola súa loita a prol dos dereitos e liberdades individuais e colectivos.

Os obxectivos da Comisión son:

  • Elaborar un repertorio de represaliados e represaliadas no noso ámbito territorial
  • Facer un listado da simboloxía franquista existente nas aldeas e vilas da zona
  • Establecer un mapa de lugares da memoria relativo á represión franquista e dos represaliados e represaliadas
  • Colaborar cos colectivos locais que teñan os mesmos obxectivos, procurando a maior repercusión das actividades

Convidámosvos a tod@s a unirvos a esta iniciativa e facerse socios da Comisión.
A memoria da represión é un acto de xustiza.

Se non podes asistir e queres facerte soci@ ou colaborar con nos,
o correo (provisional) da Comisión é sinhorafranio@gmail.com

Para calquera dúbida ou consulta:
igrexas@redesescarlata.org

Por favor, difunde esta convocatoria.
Saúdos republicanos

Manuel Igrexas
da Comisión xestora