Taller de Máscaras
Sábado 25 de febreiro de 2006
A Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos organiza un Obradoiro de Construción de Máscaras dirixido a rapaces e rapazas de entre 5 e 16 anos. Neste obradoiro, que coincide coas festas de Entroido, preténdese introducir ás rapazas e rapaces nas técnicas escultóricas relacionadas coa etnografía galega.

OBXECTIVOS
- Facilitar aos rapaces/as alternativas de ocio que posibiliten a convivencia e o desenvolvemento das relacións interpersoais a través de actividades lúdicas.
- Fomentar o desenvolvemento de aficcións, habilidades e potencialidades dos rapaces/as a través do xogo escultórico.
- Fomentar o coñecemento da etnografía galega: o Entroido.
- Ensinar a técnica da escultura e da máscara partindo do contorno do obxecto.
- Estimular e desenvolver a percepción artística e o potencial creativo dos participantes dende a escultura.
Impartido por
MIRARI URRUZOLA
OUTROS DATOS
DE INTERÉS
- Data: 25 de febreiro de 2006.
- Duración: 3 horas (unha quenda de 10:30 h. a 13:30 h. e outra de 16:00 h. a 19:00 h.)
- Información e Matrícula: do 13 ao 24 de febreiro no local da Asociación (R/ Algalia de Arriba nº 11; tlf: 981 58 12 57; email: escola@cantigaseagarimos.com).