Abrese o 2º prazo de MATRíCULA para a EFI. Escola Folque Infantil.

Neste mes de decembro abrimos o segundo prazo de matriculación para dar oportunidade ás/ós rapazas e rapaces que non entraron en outubro.
As clases impártense os sábados de 6 a 8 da tarde nas aulas do Conservatorio de Lalín.
A primeira hora adícase á ensinanza de instrumento: gaita, frauta ou percusión e na segunda impártese a materia de canto e introducción á música popular.

O prezo de matrícula é de 40 euros mensuais, cun único pago por trimestre. Pódese formalizar no Auditorio Municipal de Lalín polas tardes, contactando ó 627 934 368 ou conservatoriofolque[a]bandua.com

En outubro deste ano abriuse en Lalín a Escola Folque Infantil, EFI, un espazo dirixido a nenas e nenos de 5 a 12 anos onde se fai e se crea música partindo do coñecemento da música popular: melodías, cancións, xéneros, ritmos, literatura, instrumentos.
Ademais de ter en programación unha serie de actividades paralelas como excursións, intercambios, aulas de composición, aulas de informática musical… Unha programación tamén seguida e consensuada polos pais e nais.
A EFI é unha aposta da Asociación do CMTF por unha escola aberta, na que se enseña, se canta, se toca, se baila e disfrutase con música galega e outras músicas do mundo.

Posted by / Decembro 2, 2004
Posted in
EFI