O xoves 16 de febreiro dobre cita con Lamatumbá…

LUME en COMPOSTELA !!!
xoves 16 de febreiro de 2006

Despois de acadar cifras de disco de ouro en galicia, LAMATUMBÁ lanza o 15 de febreiro unha reedición especial do seu novo disco “lume (para que saia o sol)” e por este motivo celebrarase unha dobre cita moi especial, un día de festa lamatumbeira en Santiago de Compostela á que estades convidados…

DURANTE A TARDE – Lamatumbá toma a tenda de discos Gong (Praza de Galicia), e ofrece ledicia, moitos agasallos e sinaturas gratuítas a todos aqueles que merquen ou se acheguen cunha copia de “Lume (para que saia o sol)” e ós que non tamén se lles dará agarimo, pero con promesa de enmenda canto antes… na mesma tenda ás 17:00, distinguidos membros do grupo contarannos as súas vindeiras aventuras (reedición de “Lume..”, xira estatal, novos videoclips…). Rogamos puntualidade, xa que un ratiño despois abriranse, para tódolos presentes, as numerosas botellas de licor café que temos reservadas e, segundo avancen os minutos, non poderemos garantizar a orde pública necesaria para tal evento…

Á NOITE – Lamatumbá e tódolos novos tripulantes que se unan, poñen rumbo ó número 4 do Cantom de S. Bieito, sede do BAR AVANTE, onde tomarán os mandos dos aparatos de música durante toda a noite, con convidados moi especiais, novos agasallos (camisolas, pósters…) e a estrea en exclusiva dun novo tema, que foi o escollido para inaugurar a nova e ilusionante etapa de videoclips no Xabarín Club da TVG.

…non te esquezas… o vindeiro xoves 16 de febreiro esperámosche en Compostela… lume!!!!!!