As músicas posíbeis

A tonada actual de Mariluz Cristóbal Caunedo, o pop fusión de Xabier Díaz, recitais de piano e guitarra clásica, o blues de Victor Aneiros Band, o rock de Beetle Judge, … son moitas as músicas posíbeis que van ter cabida no ciclo que hoxe presentou a Concellaría de Cultura de Ribadeo.

O ciclo Músicas Posíbeis durará todo o primeiro semestre, e comeza este domingo 19 de Febreiro coa actuación e Mariluz Cristóbal Caunedo.

Cada concerto custará 5 ¤ para o público xeral e 3 ¤ para estudantes, xubilados e parados. Quen o desexe poderá adquirir un bono para todas as actuacións, cos prezos de 25 e 15 ¤.

Boletín de Cultura do Concello de Ribadeo.