“Census, o soño do Enumerador” na sala Nasa

O vindeiro martes 21 de Febreiro ás 21:30, a compañía multidisciplinar Ludd vai atracar CENSUS nos peiraos da Nasa , en Compostela. Unha peza teatral sobre os movementos migratorios. Nas sentinas, cargas ilegais de corpos, discursos dictatoriais e mecanos musicais. E Jesse Owens batindo o record de salto de lonxitude, por riba do vaiado de Melilla…