Parcelaria.com

A Asociación Cultural Fillos de Galicia ven de poñer en marcha un proxecto inédito no país: a Parcelaria Virtual!!!.

Dende o enderezo http://www.parcelaria.com convídase a Asociacións, Empresas, Organismos e particulares a facerse “cun anaquiño de Galiza” para, deste xeito, colaborar co mais grande Centro Galego Virtual que é Fillos.org.

Convídovos, folqueiros e folqueiras, a que botedes un ollo (ou os dous) ó web da parcelaria. Empezaron o outro día e xa levan vendidas media ducia de parceliñas.
Unha idea macanuda, sí señor!

FolkAntas