Curso de Técnica de Interpretación de Gaita Galega

Prezados compañeiros,

Remito anuncio de curso de técnica e interpretación de gaita galega a impartir no Conservatorio de Música de Ourense.

Cordiais saúdos
Iván Area


Os vindeiros días 18 e 19 de abril de 2006, no Conservatorio de Música de Ourense, terá lugar o

CURSO DE TÉCNICA E INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA

impartido por:
JUAN BARCÓN PEÑA e BRUNO VILLAMOR GAY

HORARIO DO CURSO:
De 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas (o horario pode sufrir modificacións en función da matrícula).

INFORMACIÓN
Secretaría do Curso
Rúa Pablo Iglesias, s/n
32004 – OURENSE
Teléfono: 988391047 – Fax: 988391971
E-mail: cmus.ourense@edu.xunta.es

Organiza: Conservatorio Prof. de Música de Ourense
Colabora: Asociación de Gaiteiros Galegos

DEREITOS DE MATRÍCULA:
Alumnos Activos (máximo 16 persoas): 50 euros (cada alumno terá dereito alomenos a unha clase con cada profesor e a participar nas clases colectivas).
Alumnos Oíntes: 25 euros (terán dereito a participar nas clases colectivas).
As inscricións aboaranse en CAIXANOVA, c.c. 2080 0261 23 0040021780. O boletín de inscrición e xustificante de pago serán remitidos á Secretaría do Centro (o prazo de matrícula será dende o 20 de Febreiro ó 6 de Abril).
A tódolos alumnos participantes no curso entregaráselle, ó remate do mesmo, un diploma acreditativo de asistencia acordo ca modalidade elixida.


BRUNO VILLAMOR GAY
Realiza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba, onde acada o título de Grao Medio Logse na especialidade de Gaita. Na actualidade cursa estudos de Grao Superior na especialidade de Instrumentos de Música Tradicional e Popular no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

JUAN BARCÓN PEÑA
Realiza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e posteriormente no Conservatorio Profesional de Música de Vilalba, onde acada o título de Grao Medio Logse na especialidade de Gaita. Na actualidade cursa estudos de Grao Superior na especialidade de Instrumentos de Música Tradicional e Popular no Conservatorio Superior de Música de Vigo.