Ola amig@s!
Anunciarvos que xa estamos de cheo no I Festival Galego de Cabaré.
Que comece o espectáculo!!!
Lembrade que esta tarde terá lugar ás 20:30 do serán e no recinto da casa Gullat (Nova Fábrica de Oleiros) a primeira conferencia do ciclo divulgativo con PATRICIA DE LORENZO e “O Cabaré en Galiza”
Seguiranlle mañá e pasado (mércores 22 e xoves 23) á mesma hora e no mesmo lugar as conferencias do GRUPO DE CABARÉ MANICÓMICOS e “O Cabaré dende dentro” e de PEPA YÁÑEZ e DAVIDE SALVADO con “O cabaré galego”
Para o venres e o sábado temos preparados dous grandes espectáculos:
VENRES 24. 22:00 Auditorio da Fábrica. CABARÉ NA FÁBRICA co grupo de cabaré MANICÓMICOS, PEPA E DAVIDE E MARICLOWN.
SÁBADO 25. 21:30 Auditorio de Mera. FEMME FATAL con JAZZ OLEIROS; AS SUPER PREÑADAS; ENDESEQUILIBRIO; PIA DE TOLOMEI; DIVINO MALABAR; DETOUR; MARTA PAZOS, PATRICIA DE LORENZO, YONI MEDIOGRAMO, GABRIELLA SACAUNTOS e algunha sorpresa máis como os gañadores do concurso de monólogos que fixemos dentro do obradoiro de Cabaré que tivo lugar a semana pasada.
Nada mais; lembrade que a entrada é gratuíta pero que tedes que reservar entrada. Podedes facelo no 666014494 ou chamando ao Concello de Oleiros.
Correde que voan!
Unha aperta e benvid@s ao Cabaré3