Reunion o martes coa Delegada Provincial da consellería de Cultura

Pola presente informámosvos de que maña martes 21 as 5 da tarde na casa da xuventude de Lalín, as asociacións, colectivos e particulares que traballan no ámbito da cultura no Deza temos/tes unha reunión ABERTA con Marta Patricia Souto González Delegada Provincial da consellería de Cultura.

O fin da reunión é a de tomar contacto co asociacionismo do Deza para escoitar as nosas opinións sobre diversos temas e informarnos dos plans da consellería de cultura.

Esta reunión é importante, xa que é a primeira vez que un cargo da consellería de cultura ven a escoitar o que dende o asociacionismo temos que dicir.

Se podes, ven a reunión e expón o que pensas…

p.d. se non podes asistir a reunión por motivos de traballo, podes pasar a eso das 10 polo barriga verde onde un grupo de xente estaremos cambiando impresións sobre a reunión, e de paso aproveitar para botar unha man na elaboración das coplas do Antroido.

from: Alberto Granja [K.G.]