Creación dos selos Vir e Localizados

En Ouvirmos non só restauramos o pasado…
Agora lanzamos dous selos desde os que coñecer propostas musicais de futuro: LOCALIZADOS e VIR.

Ecléctica EnsembleLOCALIZADOS vai dar coa creación actual da música galega. Localizaremos as novidades expresivas e darémoslles espazo.

Inauguraremos este novo catálogo co proxecto sonoro de Ecléctica Ensemble: se gustabas dos seus directos, este disco vaite conmocionar.

GalegozVIR vai viabilizar proxectos discográficos. Ouvirmos coproducirá a novos creadores galegos que queiran manter o control sobre o seu produto.

Abriremos a serie bailando con Galegoz, o proxecto aranhoto de Marcos Paino.