chuza.org

nasce Chuza!

Chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor

  1. Que é iso de chuzar e chuzada?

    Chuzar é o nome que escollemos para darlle importáncia a unha historia cun voto, isto faise clicando debaixo do número de votos (chuzadas) que hai na parte esquerda de cada historia. Chuzar = votar.

  2. Cantas veces podo chuzar?

    Cando podes chuzar unha historia aparecerá un cadro gris debaixo do seu número de votos actuais co texto “chúzao”, premendo aí daraslle un voto a esa historia. O sistema garda a dirección IP do equipo dende onde chuzaches e non deixa facelo outra vez dende esa IP. Se estás nunha rede local con varios equipos como un aula, cíber, oficina… sentímolo moito.

  3. Cómpre rexistrarse?

    Só é necesario facelo para enviar historias e engadir comentarios.

  4. Como facer que unha historia chegue a páxina principal?

    Preme en chuzar pendentes para ver a lista de historias non publicadas, ordenadas descendentemente por data de envío. Só tes que “chuzar” aquelas que máis che gusten ou consideres importantes. Unha vez superados uns umbrais de votos e de karma serán promovidas á páxina principal donde aparecen ordeadas polo orde en que chegan (e non polo número de chuzadas).

  5. Que é ese formulario problemas? que me aparece cando vou a chuzar historias pendentes?

    É un sistema para que a propia comunidade xestione a calidade das historias publicadas indicando que unha historia é duplicada, spam, provocación ou simple lixo. Estes envíos son votos negativos á historia, non abuses del. Cando unha historia teña moitos votos negativos pasará á lista de descartadas.

  6. Só conta o número de chuzadas de cada historia?

    Non, é un proceso máis complicado, contan tamén o karma (ver abaixo), se o voto é anónimo ou non, e o número de problemas reportados (similar a votos negativos).

  7. Que é iso do karma?

    O karma é un valor que ten asociado cada usuario que mide a súa importancia dentro da comunidade. Aumenta cando envías historias, comentas ou chuzan as túas historias e diminúe cando reportan problemas sobre as túas historias entre outras cousas. Canto máis karma teñas máis valen os teus votos.

  8. Como enviar historias?

    Debes rexistrarte antes, é moi facil e moi rápido. Logo clicas en enviar historia. Trátase dun proceso de tres pasos simples, e despois diso a historia sera enviada á cola de pendentes. Cun voto inicial automático que é o teu.

  9. Que tipos de historias se deben enviar?

    As que queiras. Cousas que creas que lle poidan interesar á comunidade por algunha razón. Despois de envialas a súa importancia e polo tanto a sua publicación en portada estará determinada polas chuzadas dos usuarios.

  10. Como funciona eso dos votos e do karma?

    Os votos dos usuarios rexistrados non contan igual que un voto anónimo. Un voto anónimo vale catro (4) puntos, mentres que o voto dos usuarios rexistrados depende do karma que o usuario teña. O karma base dos usuarios é seis (6). O karma recalcúlase dúas veces ao día en base aos factores que comentamos antes.

  11. Quen está detrás de chuza!?

    Chuza! é un proxecto personal de berto baseado en outros modelos funcionais como digg.com e meneame.net, que tenta crear un sistema de novas sociais pioneiro en Galiza. Colaboraron: Orballo, Todo nada (D.U.P.), Óscar Otero, Álvaro, Ajustin, Cesare, Ramón e Miguel.

  12. Canta audiencia ten?

    Aquí podes ver as estatísticas.

  13. Que software usa?

    Chuza! é unha implementación para a comunidade galega de internet con moitas modificacións do software (libre) de menéame desenvolvido por Ricardo Galli.

  14. Por que? para que?

    Proporcionar un sistema para que a crecente comunidade galega de internet poida elixir cales son as novas interesantes e cales non, así como ter un punto de referencia para atopar novidades, noticias e historias en xeral.

  15. Onde comentarnos errores, problemas, suxestións ou calquera cousa?

    O correo de contacto é bertez@gmail.com.

visita: chuza.org