Dúo Fdz.-Quintá:
Oscar Fernández, Zanfona Eléctroacústica Tedes a opurtunidade de asistir a algún dos concertos de esta formación nas seguintes datas e lugares: Febreiro +24 Residencia da 3º edade Lalin (só para residentes) Marzo + Ourense (O Miudiño) Data sin comfirmar Abril +Lalín Fogar de Breogán Data sin comfirmar |
O repertorio de este dúo componse principalmente de Pezas da tradición instrumental galega para gaita, mais temas que eles mesmos compoñen e de outros autores galegos.
A un concerto de estes dous músicos podese asistir tanto en calidade de bailador pois a maior parte do repertorio é bailable, como de espectador pasivo pois resulta sorprendente que so dous músicos poidan facer tantas cousas a un tempo.
O acordeón aporta os baixos, os acordes e unha moi potente melodia, e a zanfona a calidez das cordas e o ritmo do can (bordon rítmico) co que o espectáculo sonoro á marxe da músicalidade está garantizado.
Un repertorio escollido entre o mellor da tradición musical galega, mais novas composicións e algunha peza foránea completan a proposta musical.