PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL LOMAX THE SONGHUNTER NO CGAI

Lomax The Songhunter (o cazador de cancións).
Paises Baixos 2004.
Dirección. Rogier Kappers. Producción Joost Verhey. Dur. 94 minutos.

Documental sobre a vida do etnomusicólogo Alan Lomax 1915- 2002, moi coñecido polos seus traballos de campo en Norteamérica, o Caribe, as Illas Británicas, Italia e a Península Ibérica.

Alan Lomax estivo no 1952 en pontos como Corcubión ou a Cañiza aos que volta Rogier Kappers para filmar os participantes nas grabacións orixianais de Lomax.

Este documental será presentado polo profesor de Historia da música galega do CMTF, Ramom PInheiro, o venres dia 24 de febreiro no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en Coruña ás 20,30 horas.