Acústico Femenino en Compostela este sábado 11 de marzo 2006

Celebración dunha noite musical no Teatro Principal de Santiago de Compostela
o sábado 11 de marzo 2006, en conmemoración do día da Muller.

A Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela presenta esta noite musical:

Acústico Feminino
dentro do marco de actos que convoca a Marcha Mundial das Mulleres
para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Acústico Feminino, 20 mulleres e un piano quere ser unha mostra da capacidade creativa das mulleres de Galiza a través da música de Leilía, Batuko Tabanka e Nordestinas,
que estarán acompañadas ao piano por Abe Rábade e
presentadas pola xoven poetisa Lucía Aldao.


Pero este concerto tamén quere ser a expresión do compromiso da Concellaría de Cultura de Compostela coas políticas de igualdade e as reivindicacións que aínda son necesarias hoxe en día para loitar polos dereitos da muller.

Leilía, na súa formación tradicional, comenzará abrindo o espectáculo musical, posto que a súa proposta é a máis achegada á cultura tradicional galega: a imaxe da muller tradicional, da terra, do sentimento. As cantareiras de Leilía están no seu mellor momento para poder facer un concerto cargado de forza e reivindicación.

Logo, as Batuko Tabanka presentarán a súa forza de muller emigrante e por riba muller de mariñeiro. Son as Leilía de Cabo Verde. Subirán o calor ambiente do teatro e de seguro poden poñer a bailar o público presente.

Nordestin@s porán a guinda musical final coas súas voces cheas de elegancia e coa tradición musical do norte. Estarán acompañadas, coma sempre, pola calidade das notas de piano de Abe Rábade.

Para máis información:

Concellaría de Cultura
do Concello de Santiago de Compostela

Miriam Fernández Louzao
Tlf. 618 948 576