CONSTRUCCIóN E CRIA DE CANS

Sábado 1 e domingo 2 pola mañá.
Obradoiro do Artesán Pablo Cid. Antas de ulla.

á noite: Cea e Jam-Session.

60¤ / 50¤ asociados ao CMTF.

Neste monográfico ensinará cómo se construen os cans (que dende logo é o máis sinxelo), explicará os puntos implicados na producción do son deste, dende a propia ponte onde se situa, o tipo de reglaxe que se debe adoitar, os ángulos descritos pola corda, os tipos de madeira a empregar e a sua incidencia no funcionamento.

Os alunnos empregaran o material incluido no prezo do curso (serra, limas, formón e material para suxeitar as pezas de madeira e tamén distintos tipos de madeira) para facer as suas propias creacións.

Tamén se tratará o tema do reglaxe da sanfona, como solucionar alguns dos problemas e visualizar todo tipo de problema práctico que teñan os instrumentistas co seu instrumento.

E como din os vellos: NON SE MANCAR.

…á noite: Cea e Jam-Session.
Matrícula e reserva aloxamento no tlfe. 662 304157

Referencia do anterior curso de construcción de cans.