Tropa Quempallou

Convidámosvos a participar na muiñada do Millo Corvo o venres 24 de Marzal no Muíño da Presa, na aldea de Meiro (Bueu).

Aproximadamente entre as 9 e as 12 da noite, mentres se moe o escuro e saboroso millo co que se farán os produtos da Degustación do domingo, haberá parolada, foliada e o que faga falla no mesmo muíño. Traede instrumentos, algo de mantenza se vos presta e por suposto gaña de festiña.

E o domingo 26, na propia aldea, o VIII Encontro-Degustación do Millo Corvo, con pregón a cargo de Uxía Senlle e actuación das Malvela pola mañá; e pola tarde participación das enxebres Pandereteiras de Barro de Arén (Cerdedo), e o peche do grupo folque Quempallou.

Adxúntovos cartaz. Non o perdades!!!