De curso em curso…

There isn`t barn without straw

Esta fin de semana, 18 e 19 de marzo, terá lugar o Cursiño de Técnica de Percusión dentro ciclo que a Asociación Cultural Saíñas, Lugo, organiza, en colaboración co Concello de Xove e a Asociación de Gaiteiros Galegos.

Nesta ocasión será Xaquín Xesteira “Xocas” o encargado de impartir as aulas. O lugar de celebración será o Colexio de Palmeiro (Urbanización de Palmeiro) e o prezo da matrícula será de 15 ¤ (inclúe o xantar do sábado).

As inscricións pódense formalizar no número de teléfono 686 072 260 ou no correo electrónico: contacto@sainhas.org. O número de prazas dispoñibles para cada curso será de 15, aceptándose inscricións ata completar o total.

quedades avisados…