Nova programacion Bar Liceum do 17/03/2006 ao 12/05/2006

Benquerid@s amig@s:

Aqui estamos outra vez para presentarvos unha nova programacion que comenza o venres 17 de Marzo e remata o 12 de Maio.

Unha vez mais atoparedes variedade nos actos que vos presentamos folk galego, musica popular portuguesa, hip-hop, musica de autor con humor, musicas do mundo e os inclasificabeis homes do Caiga quien caiga e remataremos presentando o Festival de Cans.

Abrira a nosa programacion un dos grupos mais festeiros do pais Os Carunchos, gaita solista, percusions varias, polifonia nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas fan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversion. Teñen compartido escenario cos mais importantes grupos de musica galega: Na Lua, Leilía, Berrogüeto, Os Cempes, Treixadura, Ardentia, Chouteira, Luar na Lubre, … e veñen de editar o seu 3º traballo discografico que leva por nome “Montealegre”, un disco fresco e cheo de ritmo. Sera o venres 17 as 23 horas.

Na semana seguinte imonos a Portugal a presentar unha das ultimas propostas da sua musica Mariana Abrunheiro. Cantar o nome de Maria en varios rexistros e o grao cero deste proxecto artístico chamado “Marías”. Feminino sen ismos, o proxecto gaña corpo na voz de , alma cantante. Moitas veces, na(s) historia (s) da Música, encontrou o nome “Maria” aquilo que lle e debido: tributo lírico, homenaxe estetica, renda das palabras. Nomes de quen e o que forman toda unha constelacion, estrelas soltas que eran: Tom Jobim, Vinícius de Moraes, Zeca Afonso, Chico Buarque, João Gilberto, Zeca Medeiros, Máxime le Forestier, entre outras altas luces. Unha revisitacion creativa ao lugar da Muller, sinonimo (mesmo civilizacional) de Maria. Este espectaculo forma parte do programa de actividades Mes Violeta que organiza a Conselleria de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza ao traverso da sua Direccion Xeral de Creacion e Difusion Cultural. Sera o venres 24 as 23 horas.

Na semana seguinte presentaremos o proxecto ESPIDO que supon unha caste de fusion por roce melodicoarmonico de dous musicos, Guadi Galego e Guillermo Fernández, compoñentes do grupo Berrogüetto. Unha mestura de creatividade que ven de dar lugar a un traballo, como o seu nome suxire, que se ispe de abalorios: tan so unha guitarra -a de Guillermo Fernández-, unha voz -a de Guadi Galego- e algunha que outra programacion dan forma aos seus temas. Con este ESPIDO, Guadi Galego e Guillermo Fernandez véñense consolidar coma nomes destacados e de prestixio no panorama da chamada world music, desta vez cunha proposta chea de sinceridade, sinxeleza e coa unica complexidade do corazon e da esencia da musica feita dende Galiza e en galego.. Sera o venres 31 as 23 horas

A continuacion e despois da semana santa faremos un cambio completo de ritmo e teremos con nos a SHUGA WUGA empezou cuns dos primeiros grupos de Hip Hop españois, chamado MAGNATIZ. Xunto a LOREN, ZPU, SOMA SA e DJ CHAVEZ. Despois chega MALIZZIA, que e o título do album de debut da MC barcelonesa. Unha insolente loira que se lanza a area en solitario cun agardado e luxoso disco que vén a supoñer outra volta de porca na imparable revolucion do hip-hop feminino. Posuidora, como xa demostrara á fronte de Magnatiz, dunha voz cálida e potente, cunha ampla variedade de rexistros, para este disco Shuga Wuga contou, ademáis, cunha producción sobresaliente a cargo dalgúns dos nomes máis reputados da escena actual do noso hip hop: Jota Mayúzcula (CPV), Soma San (Magnatiz), R de Rumba (Doble V), Frank T, Sr. Tee Cee (VKR) , Supernafamacho (CPV), Jefe de la M, X-Trem e Frans Beltrán. Por ultimo, gravou o RARA AVIS co seu grupo MAGNATIZ onde deron a coñecer ao grupo de R`B DLUX e que foi outra revolución no son HipHop. Tamén colaborou no disco de NACH, Poesía difusa. Na actualidade participou de xeito activo no disco de LOREN, El proyecto del mono. LOREN é un dos membros máis carismáticos do grupo de Rap MAGNATIZ. No directo repasarán o disco “EL PROYECTO DEL MONO” e desenvolverán temas inéditos tanto de LOREN como de SHUGA WUGA. Ademáis de todo isto, o directo está respaldado por FLASH na percusión, SR KRISTO e CANSINO nos coros e DJ RENF nos VESTAX. Sera o venres 21 de Abril as 23 horas.

O dia seguinteun autentico bombazo na nosa programacion os ex reporteiros de ‘Caiga quien caiga’, Por unha banda Tonino e Juanjo de la Iglesia presentarannos o seu espectáculo ‘Adictos al régimen. Un espectáculo moi completo onde non só cabe o teatro, senón que se introducen elementos novidosos como o mimo, a marioneta e a maxia. De xeito excéntrico e irónico, Tonino e Juanjo de la Iglesia poñen en escena varios sketch, con grandes doses de improvisación, onde non faltarán as críticas a políticos actuales. Para facer o guión de ‘Adictos al régimen’ contaron coa axuda de Jesús Beltrán, condutor de Caravana de hormigas en Radio 3, que coincidiu con Juanjo de la Iglesia en ‘Esta noche tampoco’. Así, entre os tres, crearon este espectáculo: unha amálgama de estilos baixo o común denominador do humor do absurdo. Por outra banda o actor galego Serxio Pazos unirase aos seus ex compañeiros de “Caiga Quien Caiga” presentando o seu primeiro espectáculo de monólogos titulado “El último monólogo”. Unha crítica a moitos dos temas empregados polos guionistas dos programas humorísticos da televisión. Sera o sabado 22 de Abril as 23 horas.

Dempois dun pequeno descanso voltaremos cun cantautor con humor Riki Lopez grazas á súa peculiar maneira de interpretar os textos das súas cancións, Riki aparece en varios programas televisivos de emisión nacional, tales como Calamar (Antena 3) ou El Club de la Comedia (Canal Plus e Tele 5). Tamén ten colaborado como invitado habitual de Guillermo Fesser e Juan Luis Cano (Gomaespuma) no seu programa radiofónico de M-80.No seu espectaculo, este home con alopecia, tan capilar como lingüística, entrelaza as súas explosivas cancións cuns risibles monólogos que non teñen desperdicio. Desenvolve situacións coas que, por cotiás e intimistas, non custa esforzo ningún identificarse. Elas son o “telón de fondo” onde Riki fai o seu traballo. Nin un só dos seus cacahuetes vén sen chicha. Sera o venres 5 de Maio as 23 horas.

E xa para rematar a presentacion do Festival de Cans Entre outras moitas sorpresas que nos deparará a noite, presentaranse os avances das curtametraxes seleccionadas nas seccións de ficción, animación e jalpón friki. Coñeceremos tamén outras novidades que incluirá este ano o festival. Será un axeitado aperitivo antes da celebración do propio festival. . Sera o venres 12 de Maio as 23 horas.

Antes de despedirme quixera recordarvos que co novo ano comenza unha nova campaña de socios, ser socio do Liceum custa 60 euros o anos (5 euros ao mes) e da dereito a un 50% de desconto en todos os concertos, a sentarse (cando hai cadeiras) no mellor sitio da sala, a recibir informacion na sua casa de todas as nosas actividades, a ter un desconto minimo dun 10% en todo o relacionado cos concertos (discos, libros, pinturas, fotos, etc.) e a ter reservada sempre unha localidade ate 24 horas antes do seu comezo. Como din os nosos maestros da Nasa de Santiago:
“Se cres que deben existir modelos alternativos de xestion e difusion cultural. Se apoias a creacion de outras formulas de canalizacion artistica lonxe da via comercial e institucional, ou se buscas un contacto directo coa arte e un compromiso como espectador…” aproveita esta oportunidade, ¡faite soci@ do Liceum!

En resumo en Santiago faite tripulante da Nasa e no Porriño socio do Liceum.
Unha aperta moi grande.

Paco Quintas