queremos estar …máis perto de ti

A Escola de Música e Danza de Ribadeo ten máis de 250 alumnos, procedentes tanto da nosa vila coma de concellos veciños, galegos e asturianos. A súa existencia, sufragada polo propio Concello, é un orgullo do que todos os ribadenses fachendeamos desde os tempos en que o lembrado Hernán Naval a creou e a convertiu nun exemplo de bo facer.

Hoxe en día, baixo a dirección de Lourenço da Cruz, a Concellaría de Cultura está decidida a que os cidadáns de Ribadeo poidamos gozar do traballo, aprendizaxe e ilusión de todos os novos e novísimos músicos que nela se forman. Queremos unha Escola de Música máis integrada aínda na vida cotiá do concello, máis relacional e próxima, máis aberta.

É por isto que. dentro do ciclo de cultura nas parroquias MÁIS PERTO DE TI os alumnos da E.M.Música estarán tocando nas seguintes localizacións:

  • TELECLUB VILAUSENDE
    Venres, 10 de Marzo ás 20:30 h.

  • ESCOLA DE CINXE
    Venres, 17 de marzo ás 20:30 h.

  • ESCOLA DE CEDOFEITA
    Venres, 24 de marzo ás 20:30 h.