A Ética Profesional

A Ética Profesional.

Cinco preguntas e unha reflexión na busca dun código ético:

Favorecer a operatividade organolóxica dentro dun sistema musical, (neste caso o sistema diatónico) ten claros beneficios para o neno, porque mostra a esencia dunha organoloxía ou dun conxunto de organoloxías como o que son na realidade e a relación de parentesco entre elas.

Ista é unha visión a un nivel que non é no que se producen os principais perxuízos. Estes perxuizos ocorren a outros niveis máis tanxibles e graves, fruto dun mal entendimento do que é o sistema musical cromático e ata onde é capaz de chegar. A adopción deste sistema musical marca irremisiblemente a construcción das organoloxías ás que se lles permite operar nel.

As organoloxías que operan dentro deste sistema musical adoptaron un concepto no que se volcou toda a actividade humana (reflexos) sobre as diferentes organoloxías para a consecución de cada un dos elementos sonoros do sistema de referencia. Púxose un nome propio a cada un dos elementos sonoros, así se contruiu o paquete informativo para o operario do instrumento.

Este foi o Concepto Guidoniano de “nota” musical, non inspirado nun principio na resposta reflexa sobre ningunha organoloxía instrumental, si non precisamente na resposta e reflexos sobre a máis humana: o canto, a voz, a fonación. Iso foi Guido neste campo.

Soio como curiosidade que fala en favor da visión Guidoniana neste senso unha vez tomada esa polémica decisión: a técnica vocal ou coral é o fundamento da técnica de tódos os instrumentos de vento.

Falamos dun sistema musical sumamente imperfecto en orixe porque deixa fora del os fenómenos sonoros máis expresivos, vocais; abundantes na música dos pobos e convirte toda a expresión musical posible en cromática.

A súa operatividade organolóxica interna simplifícase sin que os fenómenos sonoros que o sistema é capaz de sintetizar cambien, sufran ou se vexan afectados en ningun dos parámetros que o sistema e capaz de sistetizar ou definir.

Esta simplificación lévase a cabo cos valores nominais sólo, e no seno interno do sistema; sin que varíen as súas capacidades co mundo sonoro externo; Isto é: A Transposición.

Consegue unha unificación de reflexos en organoloxías donde é posible e sobre os valores nominais cada un en concreto. O resultado desto non é un logro que faga avanzar o sistema nun mellor aproveitamento da grafía, sintesis máis precisa; é simplemente unha posibilidade que o sistema ofrece, para a operatividade organolóxica e que non varía nada.

O sistema segue tendo os mesmos defectos e virtudes que él conocía perfectamente cando o puxo en marcha hai 1000 anos. Non cambia a súa relacción co mundo externo, anque se foi perfeccionando: cada vez que necesitamos sintetizar fenómenos sonoros non cromáticos, temos que botar man do sistema rexeitado hai eses 1000 anos: O neumático.


* ¿Por qué negamos esa operatividade interna do sistema musical que é posible e habilita todo un abanico de organoloxías ós nosos nenos?

* ¿Qué sucede coa música en Galicia para que queiramos impedir esta operatividade?

* Non existen dous sistemas; ¿En base a qué se di que un sistema é mellor que o outro se no contacto co fenómeno sonoro soio existe un? É unha cuestión de operatividade organolóxica, non de diferentes posibilidades de síntesis de fenómenos sonoros, é o mesmo sistema, as posibilidades de síntesis son as mesmas. ¿Cando alguén di que un é máis adecuado que o outro, que razón o move a iso?

* ¿Quén ten dereito a facer unha cousa así e manter a súa condición de pedagogo, non existe un código ético na pedagoxía?

* Si dúas formas sintetizar fenómenos sonoros (a mesma sobre dúas variables do valor nominal) teñen exactamente as mesmas capacidades de puntualización sobre o son, unha delas permite a demáis unha operatividade organolóxica que a outra non e grazas a unha práctica non é nin moito menos un invento de hoxe na música, sobre unha organoloxía transpositora; ¿que valoración cabe a isto, cal é o punto no que cabe unha discusión, sobre qué hai que discutir, de verdade alguén pode pensar que hai algunha decisión que tomar?

agaitaenre@hotmail.com