Información Os Carunchos

Benquerid@s amig@s:

Esta semana abrira a nosa nova programacion un dos grupos mais festeiros do pais Os Carunchos. Gaita solista, percusions varias, polifonia nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas fan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversion. Teñen compartido escenario cos mais importantes grupos de musica galega: Na Lua, Leilía, Berrogüeto, Os Cempes, Treixadura, Ardentia, Chouteira, Luar na Lubre,… e veñen de editar o seu 3º traballo discografico que leva por nome “Montealegre”, un disco fresco e cheo de ritmo.

Sera o venres 17 as 23 horas. Os prezos 5 euros, 4 anticipada e 2,5 para socios.

Adxuntovos unhas notas informativas e quedo a vosa disposicion para calquera cousa que precisedes, tamen podedes botar man da nosa paxina web http://www.barliceum.com que estara actualizada esta semana.

Unha aperta moi grande
Paco Quintas


Os carunchos vimos de editar recentemente o noso 3º traballo discográfico que leva por nome “Montealegre”.

Unha vez mais apostamos poloa nosa cultura facendo un disco fresco e cheo de ritmo, apostando pola nosa lingua e polos nosos instrumentos, rescatando vellas cantigas da tradición oral e introducindo novas composicións para o xa extenso repertorio da música galega.

Nos nosos directos poderedes disfrutar da forza do folk tradicional, así como da variedade de timbres, tonalidades e ritmos da nosa música, da nosa poesía popular, dos vellos e novos romances, etc. Facendo da nosa actuación unha verdadeira festa na que o público síntese partícipe da mesma.

Sen máis, un saudo.


OS CARUNCHOS
Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país.
Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas tan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira testa chea de forza e diversión.

No ano 1998 gravamos o noso primeiro CD que leva por nome ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. Neste traballo facemos un resumen dos nosos primeiros catro anos de vida gravando nel cantigas e melodías de nova composición, mesturados e os máis antigos romances ou pezas populares.
Pasan catro anos e no 2002 gravamos o noso segundo traballo chamado Sen tempo non era, editado por Zouma Records. Incluímos novos instrumentos no son do grupo, como o óboe, a frauta traveseira e maila requinta, e seguimos a empregar letras de autor e compoñendo algunhas das nosas melodías.
Desta maneira chegamos ó 2005, e pasado o décimo aniversario, celebrámolo gravando o terceiro disco Montealegre, no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra.

OS CARUNCHOS somos:

    Luis E. Correa Piñeiro
    Pilar Gonçalves Barreras
    Pablo Rial Salqueiro
    Guillerme Rivas Fervenza
    Isaac Teniente Molinos

En todos estes anos temos compartido escenario cos máis importantes grupos de música galega: Na Lúa, Leilía, Berrogüetto, Os Cempés, Treixadura, Ardentía, Chouteira, Luar na Lubre, …

Para rematar, algúns dos festivais nos que temos participado:

    Festival de Pardiñas
    Herba e Son
    San Froilán
    Festival de Bretoña
    Festival Internacional de Ordino (Andorra)
    Festival de Leiloio
    Festival folk de Vilariño
    Festa do S. Joao de Évora (Portugal)
    IV Festival da Terra e da Língua