A Fábrica de Perillo. 1905 2005

O vindeiro venres 24 de marzo e ás 20:30 no Auditorio da Nova Fábrica de Oleiros terá lugar a presentación oficial do libro de Sabela Figueira Tenreiro. “A Fábrica de Perillo. 1905 2005”.

Tratase dun dos “Cadernos de estudos oleirenses” no que a autora fai un percorrido pola historia deste singular caso no que a arquitectura ou patrimonio industrial foi rehabilitado para usos sociais e culturais.

Na presentación do libro, con prólogo de Felipe Senén intervirán ademais do mesmo a propia autora; Sabela Figueira Tenreiro, o alcade de Oleiros, Ángel García Seoane e o concelleiro de Normalización Lingüística Antón Tenreiro.

O acto contará ademais coa proxeción dun documental sobre a Fábrica elaborado por MR Misto e a actuación en directo de Nelson Quinteiro, que interpretará un tema que está recollido no libro e que ilustra as condicións de vida das mulleres que traballaban nas conserveiras a principios de século.