Xantar Gaiteiro 2006

There isn`t barn without straw…

De novo no comezo da primavera, coma noutras e facéndoo xa ritual, nesta ocasión a Asociación de Gaiteiros Galegos quéreo celebrar cun suculento xantar ao estilo do país, formalizando o ‘XI Xantar Gaiteiro’, para o vindeiro domingo 26 de marzo no restaurante Punta del Este de Carballo (A Coruña).

O menú (22 euros) será:
Sopa de cocido
Cocido de grelos e patacas con polo, cachola, lacón, carne fresca, chourizos…
Pan de molete e viño Mencía… (¡auga tamén…!)
Filloas… orellas… café araghonés (con Jotas)

Desta volta, amais, haberà máis actividades coma música na rúa; exposición de instrumentos e fotos; representación teatral e proxeccións.

Precisase bo humor e algún instrumento musical. E para os que non lle paran quietos os pes, que non se couten, tamén poderán botar unha baila. Pero traede tamén a algún colega que queira participar porque andan a procura de xente con ilusión que queira aportar algo á nosa comunidade de músicos e de xente namorada da cultura do pobo galego.

Para confirmar a participación, por favor, ponte en contacto antes do día 22 de marzo:
sonsoles@gaiteirosgalegos.com // raulgalego@yahoo.es
(Sonsoles) 986 847 074 // (Raúl Galego) 607 844 813