NARF en LONDRES e BRIGHTON

Co motivo da pequena xira británica do músico galego Fran Pérez, NARF, que desde o día 15 ata o 21 de Marzo actuará en diversos locais de Londres e Brighton, a radio libre londinense Resonacefm ofrecerá o mércores entre as sete e as oito, hora británica, un programa especial titulado Galegos en Londres.

O programa poderase escoitar en Londres na frecuencia FM 104.4 ou ben vía internet no web de Resonancefm, será realizado en inglés e presentado polo escritor residente en Brighton Xelís de Toro, quen fará unha pequena introdución á presenza galega na capital británica, repasando momentos da nosa historia máis recente como o activismo galego na cidade durante a crise do Prestige e o movemento Nunca Máis.

Serán entrevistados varios intelectuais galegos residentes en Londres como Carlos Durán e Fernando Pérez Barreiro. Fran Pérez será o convidado especial e tocará en directo no programa.