novo grupo: O VENDAVAL DO ROSAL

O Vendaval do Rosal (Lourenzo Castro) presenta o novo grupo do panorama musical galego, Potemkim. A súa carta de presentación é un tema que fala sobre o pobo de Lourenzo, O Rosal, onde o viño é medicinal. Onde ademais os homes tiveron que traballar nas telleiras de Castela (España), o que deu lugar a un xeito de falar, o cabaqueiro, para que non os entenderan por aquelas terras.

É precisamente neste argot, o cabaqueiro, que Potemkim titula o tema que presentan, “Calindra Xida” [MP3] que traducido quer dicer “Rapaza Xeitosa”.

Ademais deixanos duas pezas dos 3 Trebóns e o Vendaval do Rosal, que como o seu proprio nome indica, el tamén participa, cos temas “Santa Liberdade” [MP3], que é unha homenaxe que o grupo fai ao comando galego-portugués que tomou heroicamente o trasatlántico do mesmo nome ala polos anos 60, e “Foucellas” [MP3], tema composto polo 50 cabodano do fusilamento do guerrilleiro Foucellas polo franquismo.