Festa da Reconquista de Vigo 2006

…do 21 ao 26 de marzo de 2006

Dende a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, organizadora da Festa da Reconquista, convidámosvos a participar nela, a perderse polos recunchos do Casco Histórico, a disfrutar do ambiente de festa, da música na rúa, dos concertos, das actividades para nenos, a dar unha volta entre os postos de artesáns, xantares, oficios antigos, exposicións,… e a participar na Representación da Reconquista vestindo de época ou traxe tradicional e así mesturarse entre os veciños-actores participantes e poder vivir e disfrutar, dende dentro, na representación da toma e posterior derrota das tropas francesas.

Programa completo:


Martes 21 de marzo

Ás 19:30 horas:
Presentación e inauguración da Exposición de traxes e fotografías no Instituto
Camões (Praza de Almeida).

Ás 20:00 horas:
Conferencia sobre a Reconquista a cargo do Cronista Oficial de Vigo, D. Lalo
Vázquez Gil no Instituto Camões.

Venres 24 de marzo

Ás 20:00 horas:
Presentación do libro Historia do traxe tradicional galego de D.Clodio González Pérez no Instituto Camões (Praza de Almeida).

Sábado 25 de marzo

Ás 16:30 horas:
Percorrido polo recinto amurallado da cidade, animación por grupos de música
tradicionais galegos.

Ás 18:00 horas:
Na Praza da Constitución, presentación e inauguración da Festa, así como do
mercado.

Ás 19:00 horas:
Títeres para nenos na Praza da Princesa polo grupo Arrefios de Valadares.

Ás 20:30 horas:
Na Praza da Constitución darán comezo os concertos de música folc:

  • Cantadeiras do Berbés (Música popular-Vigo),
  • Xans (Folc -Vigo)
  • Xochilmica (Folc-Santiago de Compostela).

Domingo 26 de marzo

Ás 10:00 horas:
Mercado popular de oficios e artesáns na Praza da Constitución, Praza da Princesa,
Joaquín Yáñez, Praza de Almeida e Praza da Pedra.

Haberá obradoiros para nenos durante toda a mañá.

Ás 12:00 horas:
Animación de rúa ambulante nas distintas prazas da festa pola Compañía
Viravolta.

Ás 17:30 horas:
Comezo da representación da Reconquista.

Na Praza da Constitución:

  • Entrada e posterior ocupación das tropas napoleónicas co xefe de escuadrón
    Chalot.
  • Resposta do alcalde Vázquez Varela e do Tenente Almeida.
  • Rendición do pobo.
  • Estratexias e alarmas para a defensa da Vila.
  • Parlamento entre o mariñeiro Carolo, o combatente Cachamuíña e Frei André
    (Abade de Valadares).

Na rúa Gamboa:

  • Derribamento da Porta da Gamboa.
  • Rendición dos franceses na rúa da Laxe.

Na praza do Náutico:

  • Parlamento da comandita ao pobo de Vigo.
  • Baile de confraternidade.
  • Lectura do Decreto de Declaración de Cidade polo alcalde Vázquez Varela.

Ás 20:00 horas:
Danzas tradicionais portuguesas participativas a cargo de Marta Coutinho e os
músicos Pedro Pascual e Quim Farinha.

Ás 21:00 horas:
Actuación da Agrupación Folclórica Tradicional “O Fiadeiro”.