AO PÉ DA LETRA. VIGO. Teatro Garcia Barbón. Xoves 16 ás 20.30 horas.

AO PÉ DA LETRA:
Marful, Xavier Díaz, Fran Pérez, Safari Orchestra, Non Residentz, Guadi Galego.
Artista convidado: JORGE DREXLER. www.jorgedrexler.com

Teatro Garcia Barbón. Vigo ás 20.30 horas.
CONCERTO DE NATAL. Universidade de Vigo.
Recoller invitacións no Reitorado.

‘Ao pé da letra’ é un punto de encontro de varios artistas e proxectos musicais galegos que queren tomar a palabra. Procedentes de universos e premisas musicais diferentes, todos comparten a vontade de dicir e de situar a voz no centro das súas creacións musicais. Tal vez iso é todo o que teñen en común, e aínda así conforman unha curiosa tribo que explora as alturas e profundidades da lingua galega no territorio da música popular contemporánea.

O café cantante de Marful (Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual) o rock intimista e experimental de Narf, o pop de sabores tropicais de Xavier Díaz, o rap suave e contundente de Safari Orchestra, a melodía postradicional de Guadi Galego ou o hip hop existencial e irónico de Non Residentz , exploran novos camiños de expresión musical na Galiza do século XXI. Unha conxura de voces nun escenario común.

‘Ao pé da letra’ plantéxase como un espectáculo colectivo creado a partir do traballo e as propostas individuais de cada artista. Un tema de presentación dalle paso ás actuacións de cada artista, enlazadas mediante o Dj Two Faces, que fai ás veces de mestre de cerimonias, para rematar cunha segunda versión do tema inicial máis próxima do rexistro electrónico.

Este espectáculo foi estrenado no ciclo Sons da Diversidade no Auditorio de Galicia de Compostela no mes de maio.
Entra e escuita as suas cancións.

Idea orixinal: Nordesia Producións
Dirección artística: Carlos Santiago
Axudante dirección: Ugia Pedreira.
Dirección musical: Pedro Pascual / Guillermo Fdez.
Canción representativa do espectáculo: Carlos Santiago, Ugia Pedreira, Pedro Pascual e Guillermo Fdez.

Ampliar información: Ao Pé da Letra :: Nordesia Produccións