O catálogo de Ouvirmos disponíbel nas tendas de música-on line de todo o globo

Ouvirmos convértese na primeira editora galega que ofrece o servizo de descarga de cancións en formato mp3 desde plataformas dixitais de todo o globo.

DESDE HOXE EN:

iTunes
eMusic

Napster
só desde EE.UU.
Real

Gostas de levar a música para outra parte? Aqui tes a solución. Descarga o teu rexistro histórico preferido desde Xenebra, o Río da Prata ou Hong Kong; de día ou de noite, chova ou escampe. Non podes prescindir de ningunha peza? Pois descarga toda a colección A Tiracolo e lévaa sempre enriba.

Podes baixar todos os temas de Ouvirmos desde as máis importantes plataformas provedoras de contidos dixitais da rede. Máis de 130 cancións por 1$ cada unha, máis de 400 min. dispostos para o teu ordenador ou reprodutor de mp3.
Para viaxar co primeiro disco galego no peto …e axiña tamén co último (Ecléctica Ensemble).

PROXIMAMENTE EN:

musicNet
Sony Connect

MSN music
Yahoo music
Ruckus

E isto é só o comezo…