Adeus á Catedral do Folk

Entereime pola páxina de Ghastas Pista (www.ghastaspista.com/novas/cova.php) do peche da Cova Folk, en A Coruña. Tendo en conta que, xunto coa Casa das Crechas en Compostela, a Cova Folk foi o primeiro local de este tipo de músicas que abriu na Galiza, penso que ben merece un par de liñas no voso portal.

Un saúdo
Fer


Tras casi 14 anos de existencia, que o fan o local pioneiro neste tipo de músicas na cidade de A Coruña, a Cova Folk pecha as súas portas. Na memoria quedan moitas noites de concertos, festas, boas charlas e mellor compañía. Se medimos o tempo en días esaxeraría o dicir que pasei alí media vida, pero si a medida se fai en tempo disfrutado… nese caso quedaríame corta. Por eso quixera dende este portal buscar algún xeito de gardar os bós momentos que alí moitos vivimos.

E para iso preciso da vosa axuda: mandade fotos, lembranzas, bós desexos, e demáis comentarios a ghastaspista@gmail.com